1.DEFINICIÓN DOS DOCUMENTOS CONTRACTUAIS E A SÚA ACEPTACIÓN:
Estas condicións xerais regulan o contrato establecido entre a erreguete | Revista Galega de Teatro, mediante a Asociación Cultural Entre Bambalinas, con domicilio fiscal en r/Fuxón 15, 36958 Cangas (Pontevedra), con CIF: G36209062, e coa dirección de correo electrónico [email protected] (en diante “EMPRESA”), e Vd. (en diante, o “CLIENTE”), relativo á compra dos libros ou produtos nesta web, nos termos que se establecen nestas Condicións Xerais.
As condicións xerais de contratación regulan a relación de venda a distancia entre a empresa e o cliente, de acordo coas estipulacións legais, en especial, a Lei 7/1998, do 13 de abril, sobre Condicións Xerais de Contratación, a Lei 3/2014, do 27 de marzo pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos consumidores e Usuarios, A normativa vixente e aplicable en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Lei 7/1996, do 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Comerciante polo miúdo, e á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico.
A empresa resérvase o dereito para realizar as modificacións que considere oportunas, sen aviso previo, nas condicións xerais. Ditas modificacións poderán realizarse, a través da súa web, por calquera xeito admisible en dereito e serán de obrigado cumprimento durante o tempo en que se atopen publicadas na web e ata que non sexan modificadas validamente por outras posteriores. Con todo, a empresa resérvase o dereito de aplicar, en determinados casos, unhas condicións particulares de contratación con preferencia ás presentes condicións xerais cando o considere oportuno, anunciándoas en tempo e forma oportunos.
Como cliente declara expresamente coñecer, entender e aceptar as condicións de uso e estas condicións xerais de contratación. Do mesmo xeito, declara ser MAIOR DE IDADE e ter a capacidade xurídica e de obrar necesarias para o acceso ao sitio web da empresa e a contratación a través da mesma.
2. OBXECTO E DURACIÓN:
O obxecto recollido nas condicions xerais desta paxina web é a venda de LIBROS, PRODUTOS EDITORIAIS E OUTROS PRODUTOS.
A duración do contrato quedará vinculada á entrega do produto sen prexuízo do dereito de desistimento.
3. DESCRICIÓN DO SERVIZO
Para adquirir os nosos produtos, vostede poderá realizar a selección e pagamento a través desta páxina web. Cando o pago se realice, recibirá unha confirmación do mesmo por correo electrónico ou polo medio co que nos contactou, informándolle da tramitación do pedido.
É imprescindible que durante o proceso de compra o usuario indique un correo electrónico e un telefono válido.
4. POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co que establece a normativa vixente e aplicable en materia de protección de datos, a empresa informa aos usuarios que os datos persoais solicitados durante o proceso de comunicacion e posterior compra, serán utilizados para xestionar o pedido, así como para as accións informativas e de marketing da nosa organización. Así mesmo, a empresa infórmalle da posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación do tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal mediante correo electrónico [email protected], acompañando a súa solicitude dunha copia do seu DNI.
Durante o proceso de compra deberá identificarse proporcionando unha serie de datos, que serán necesarios para entregar o seu pedido. Estes datos non serán nunca públicos, e só serán transferidos á empresa de mensaxeria ou de xestión do pedido, e nos casos esixidos pola lexislación específica ou que os solicite o Defensor do Pobo ou os xuíces ou Tribunais competentes.
5. PREZOS
Os prezos publicados nesta páxina web poden sufrir modificacións. O prezo proporcionado será o do produto ou produtos máis os gastos de envios correspondentes. Estos prezos indican o prezo de venda en Euros e inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). No caso de erro nos prezos, a empresa porase en contacto co cliente para comunicar o erro, puidendo cancelar o pedido calqueira unha das partes.
6. GASTOS DE ENTREGA E TRANSPORTE
A empresa realiza envíos en territorio Nacional, e Internacional.
Os gastos de enviou calcúlanse en función da zona de envio, peso e importe do pedido. O cliente coñecera os gastos de envío antes de realizar a compra.
7. FORMAS DE PAGO E EXECUCIÓN DO PEDIDO
O cliente poderá abonar o importe do seu pedido optando por calquera das seguintes formas, e durante o proceso de compra deberá indicar a súa elección:
– Transferencia Bancaria
Ao seleccionar a transferencia bancaria recibirá un e-mail cos datos da conta bancaria da empresa e a información do pedido.
É moi importante que ao realizar a transferencia indique no asunto o número de pedido, así como o seu nome e apelidos, e realice a transferencia dentro dos 3 días posteriores á data de validación do pedido para poder ser enviado.
Se o desexa, pode enviarnos o xustificante da transferencia por correo electrónico ([email protected]) co obxectivo de axilizar o seu envio. Pero en calquera caso, non se considerará efectivo o pedido ata que o noso departamento de administración non teña confirmación bancaria da transferencia.
Lembrarlle que o pago se ten que realizar en EUROS e que todas as eventuais comisións de cambio e bancarias corren pola súa conta. No caso de transferencias bancarias realizadas desde fóra de España, é moi importante que ao ordenar a transferencia comunique sempre ao seu banco facerse cargo das comisións en orixe, aquelas comisións bancarias e gastos correspondentes á súa entidade. De non ser así, a empresa podería paralizar o envío do seu pedido ao non recibir a cantidade íntegra do mesmo. As posibles comisións de cambio e bancarias corren a cargo do cliente
– Tarxeta bancaria (débido ou crédito)
Se decide pagar por tarxeta bancaria, o proceso de compra o levará á nosa pasarela de pago para realizar o pago dos produtos e os gastos de envio. Tamén poderemos enviarlle ese enlace á pasarela de pago por outros medios de comunicación.
8. DEVOLUCIÓN. DEREITO DE DESISTIMENTO
O cliente poderá devolver ou entregar directamente o produto á EMPRESA sen ningunha demora indebida, e en todo caso nun prazo máximo de catorce días naturais a partir da data na que reciba o seu pedido. Entenderase cumprido o prazo se o cliente efectúa a devolución do produto antes da finalización do prazo.
O CLIENTE FARASE CARGO dos custos de devolución do produto e do envio ao enderezo da empresa.
En todo caso, os produtos para devolver deberán estar en perfectas condicións, sen usar e na súa embalaxe orixinal. Rógase, por tanto, que para evitar problemas no transporte, se asegure de que o paquete vai debidamente protexido e precintado. Unha vez recibido, revisaremos o seu estado. No momento en que comprobemos que tanto o/os artigo/os, como os posibles compoñentes, accesorios, obsequios promocionais e documentación, estean completos e en perfectas condicións, procederemos a devolver o diñeiro abonado.
Reembolso do pago
O reembolso das cantidades recibidas polo cliente realizarase utilizando os mesmos medios de pago empregados polo cliente, a condición de que non se dispuxese o contrario.
Devolución do produto defectuoso
No caso de que o produto non se atope en bo estado e as causas imputables a este, non sexan consecuencia do cliente, este terá dereito á devolución do produto, informando á EMPRESA do motivo de devolución a través de calquera dos medios facilitados nas presentes condicións de contratación, e sen custo algún para o cliente. Esta devolución por motivo de defecto ou mal estado do produto non será considerada un dereito de desistimento.
Neste caso a empresa comprométese a asumir o custo da devolución e a restituír o produto por un novo dacordo con condicións aceptadas no momento da venda.
9. XURISDICCIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
A relación entre o usuario e o prestador rexerase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. A empresa e o cliente, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense aos Xulgados e Tribunais de Vigo para calquera controversia que puidese derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais.