25,80 € O prezo orixinal era: 25,80 €.22,50 €O prezo actual é: 22,50 €.
Aproveita a oportunidade de crear o teu pack de libros de dramaturxia preferido! Só tes que seleccionar os textos que desexas recibir na túa casa e benefíciate do desconto.
A Colección de Dramaturxia Contemporánea da erregueté comezou a súa andaina dentro da revista en papel. O primeiro autor en ser editado foi Roberto Vidal Bolaño e despois apareceron textos, entre outros, de Euloxio R. Ruibal, Jenaro Mariñas do Val, Luísa Villalta, Manuel Forcadela, Xesús Pisón, Lino Braxe, Constantino Rábade, Raúl Dans, Manuel Lourenzo, Xosé Manuel Pazos ou María Xosé Queizán. E tamén de autores máis novos como Santiago Cortegoso, Vanesa Sotelo, Rubén Ruibal, Clara Gayo, Fernando Epelde, Ernesto Is ou AveLina Pérez.
A revista publicou traducións ao galego de dramaturgos internacionais tan significativos como os españois Juan Mayorga, Iztiar Pascual, Ernesto Caballero, Jerónimo López Mozo, Paloma Pedrero, José Ramón Fernández, Elena Cánovas, Yolanda Pallín, o mexicano Jaime Chabaud, o francés Michel Azama, o croata Asja Srnec ou os canadenses Suzanne Lebeau e Wajdi Mouawad.
Na actualidade, esta Colección publica os textos en formato libro e que podes conseguir na nosa tenda online.
Reviews
There are no reviews yet.