Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos inéditos Guerra de identidade, de Déborah Vukušić, y O deus do pop de Diego Anido.Con este volume recuperamos a voz de dous creadores moi particulares, afincados no terreo da hibridación xenérica, a performance e a autoficción. Guerra de identidade, que antes foi un poemario, é o texto base da performance escénica que a súa autora Déborah Vukušić realizou en 2019. Por outro lado, O deus do pop é un espectáculo tamén unipersoal do creador Diego Anido, onde o actor fai un percorrido irónico sobre o seu propio transcurso vital.