5,00 €
Edición de bolsillo con doble portada que incluye los textos Home de Iván Caloto y Bailar agora de Marta Alonso Tejada publicados na Colección de Dramaturxia Contemporánea da erregueté.
Caloto enfróntase á identidade de xénero mediante o xogo de conversas de catro homes pertencentes á mesma familia. Un intercambio de golpes dialécticos que ten un algo de terapia interxeracional.
Bailar agora é a historia dunha bailarina que nace e medra nos anos 80-90 e que se achega á corentena. Alonso baila os sobre os seus desexos e soños, comprometéndose a facelos realidade no momento presente. O xeito de levalo a cabo: bailando.
Marta Alonso artella unha autobiografía sincera e teatral, que demostra que o teatro pode non ser iso no que se lle trata de engaiolar (unha mentira, unha trampa de intencións espurias e métodos maquiavélicos), senón, obedecendo a súa propia etimoloxía, o lugar desde o que mirarnos as nós mesmas.
Publicando esta peza como literatura dramática queremos demostrar e demostramos que o contaxio é desexable, que non podemos confinar a arte en parcelas minifundistas. A danza pode ser lida. É aínda máis: a danza pode ser literatura. A partir dunha performance rexistrada con palabras, obtemos un artefacto literario a partir do cal podemos, á súa vez, visualizar outras actuacións posibles.
Home non se refire ao fogar (aviso para mentes anglófilas), senón que se refire a unha idea, un constructo, unha entidade imaxinaria que os estudos feministas deron en chamar xénero e que de novo enlaza coa importancia da identidade nos corpos do presente.
Caloto, preséntase en escena como un dramaturgo interesado en pescudar sobre a permanencia dos estereotipos na sociedade actual. A masculinidade, si, pero cal? Non se fala aquí tanto da crise da masculinidade, senón das mal chamadas novas masculinidades, que son maneiras de ser home que en certo sentido sempre existiron. O conflito artéllase, de maneira moi intelixente por parte do autor, ao longo das conversas de catro homes pertencentes á mesma familia, nun intercambio de golpes dialécticos que ten un algo de terapia interxeracional.
O resultado é unha proposta minimalista que tamén se atreve a probar métodos expresivos innovadores, sobre todo no uso dos silencios, na xustaposición naturalista das réplicas e nunha escena na que (se antes foi o movemento) son as imaxes (as iconas e emojis da linguaxe tecnolóxica) as que entran a formar parte do corpo literario.
Peso | 0,162 kg |
---|---|
Dimensiones | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-0-2 |
Tapa blanda | 90 páxinas |
Número en la colección | 1 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
Reviews
There are no reviews yet.