9,00 €
Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos inéditos Guerra de identidade, de Déborah Vukušić, y O deus do pop de Diego Anido.
Con este volume recuperamos a voz de dous creadores moi particulares, afincados no terreo da hibridación xenérica, a performance e a autoficción. Guerra de identidade, que antes foi un poemario, é o texto base da performance escénica que a súa autora Déborah Vukušić realizou en 2019. Por outro lado, O deus do pop é un espectáculo tamén unipersoal do creador Diego Anido, onde o actor fai un percorrido irónico sobre o seu propio transcurso vital.
Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.
Obsesionada coa figura ausente e controvertida do seu pai (deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns) unha muller, metade galega, metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer á súa familia. Facendo ao espectador cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, conta a súa batalla, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación e a memoria persoal e a colectiva. Esta é unha historia real revivida pola súa protagonista.
Peso | 0,181 kg |
---|---|
Dimensiones | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-7-1 |
Tapa blanda | 84 páxinas |
Número en la colección | 6 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
9,00 €
Reviews
There are no reviews yet.