10,00 €
Edición especial co texto d’ A Panadaría (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro) e Gena Baamonde na que se incluen fotografías do espectáculo, as partituras da música orixinal composta por Ailén Kendelman e artigos especializados.
Elisa e Marcela supón un dos maiores fitos do teatro galego tras acaparar máis dunha decena de premios e unha extensa xira de sete anos por todo o país. Unha peza comprometida cos dereitos LGBTI que conta a historia do primeiro matrimonio de mulleres na España de 1901: Elisa e Marcela.
Hay existencias
As cómicas de A Panadaría, (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro) presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real: un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Un «matrimonio sen home» que sufriu unha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
A edición inclue as partituras de música orixinal do espectáculo composta por Ailén Kendelman e artigos especializados sobre o espectáculo e a figura das protagonistas.
O espectáculo recibiu os seguintes premios:
Peso | 0,229 kg |
---|---|
Dimensiones | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-3-3 |
Tapa blanda | 120 páxinas |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
Materiais adicionais | Partituras de música orixinal compostas por Ailén Kendelman, fotografías a toda cor do espectáculo e artigos especializados. |
9,00 €
Moi coidada toda a edición do libro e un gustazo telo na biblioteca.