Edición especial co texto d' A Panadaría (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro) e Gena Baamonde na que se incluen fotografías do espectáculo, as partituras da música orixinal composta por Ailén Kendelman e artigos especializados.
Elisa e Marcela supón un dos maiores fitos do teatro galego tras acaparar máis dunha decena de premios e unha extensa xira de sete anos por todo o país. Unha peza comprometida cos dereitos LGBTI que conta a historia do primeiro matrimonio de mulleres na España de 1901: Elisa e Marcela.
Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría e Gena Baamonde, e O esboroamento da tenrura de Luisma Soriano, Premi Born de Teatre 2021.
Soriano gaña con El desmoronamiento de la ternura o Premi Born de Teatre 2021, unha obra dedicada ao baleiro, á ausencia, pola desesperanza do protagonista ao falecer a súa nai. Realmente é un canto á necesidade da tenrura nas emocións.
A obra Elisa e Marcela supón un dos maiores fitos do teatro galego tras acaparar premios e unha extensa xira de sete anos por todo o país, unha peza comprometida cos dereitos LGBTI que conta a historia do primeiro matrimonio de mulleres na España de 1901.