7,00 €
Edición de bolsillo con doble portada que incluye los textos Elisa e Marcela, da compañía A Panadaría e Gena Baamonde, y O esboroamento da tenrura de Luisma Soriano, Premi Born de Teatre 2021.
Soriano gaña con El desmoronamiento de la ternura o Premi Born de Teatre 2021, unha obra dedicada ao baleiro, á ausencia, pola desesperanza do protagonista ao falecer a súa nai. Realmente é un canto á necesidade da tenrura nas emocións.
A obra Elisa e Marcela supón un dos maiores fitos do teatro galego tras acaparar premios e unha extensa xira de sete anos por todo o país, unha peza comprometida cos dereitos LGBTI que conta a historia do primeiro matrimonio de mulleres na España de 1901.
As cómicas de A Panadaría, (Ailén Kendelman, Areta Bolado e Noelia Castro) presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real: un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño de 1901. Un «matrimonio sen home» que sufriu unha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
A edición inclue as partituras de música orixinal do espectáculo composta por Ailén Kendelman.
A dor e o espírito atormentado pola morte da nai, fan do fillo, de Sais, o protagonista, un penitente que anda a procura de si mesmo. A morte da proxenitora, de quen nos deu a vida, supón unha crise enorme. Soriano escribiu esta peza con coñecemento de causa, despois da morte da súa nai e conseguiu que a dramaturxia obrase o milagre salvífico da catarse.
Malia ao título, O esboroamento da tenrura non se escora pola banda da violencia, do vómito exasperado ou da terapia. Hai tenrura e hai humor, hai letras de cancións a tecer pontes poéticas e a contar o incontable, nese tránsito cara a reconciliación e o necesario acougo.
É unha obra do home, do individuo máis aló da súa esencia como ser social, a pesar de que un, por si só, non pode exercer a tenrura nin recibila xa que é un sentimento de xenerosidade compartida.
Peso | 0,320 kg |
---|---|
Dimensiones | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-1-9 |
Tapa blanda | 168 páxinas |
Número en la colección | 2 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
Materiais adicionais | Partituras de música orixinal compostas por Ailén Kendelman |
5,00 €
10,00 €
Reviews
There are no reviews yet.