9,00 €
Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos inéditos Pyka, de Cinema Sticado (Heleva Varela e Xosel Díez) e Julio Fernández, e Amantis de Tamara Canosa e Xacio Baño.
Neste volume incidimos nunha das nosas liñas editoriais máis persoais: a publicación dos textos de base de espectáculos estreados con éxito en Galicia da man de compañías como Rebordelos e Cinema Sticado.
Amantis. Selfies, sexting e outras formas de amar(se) conta a historia de M. un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.
Os autores buscan con esta obra unha vía de aprendizaxe para as persoas da súa xeración e, á vez, un espello no que a mocidade poida mirarse e recoñecer(se).
PYKA, que en ruso significa ‘brazo’, é a historia e o remake dunha película desaparecida da cal só queda un documento sonoro e o seu título. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación que fixo unha tal Olga Lebèdev na Rusia stalinista, en colaboración co director de cine Sergei Eisenstein. A edición de Pyka inclue as partituras das composicións musicais de Brais González, que xoga un papel moi importante na configuración do espectáculo.
Peso | 0,181 kg |
---|---|
Dimensións | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-5-7 |
Tapa branda | 114 páxinas |
Número na colección | 7 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
Reviews
There are no reviews yet.