5,00 €
Os dramaturgos Manuel Lourenzo e Clara Gayo comparten esta edición de peto de dobre portada que pertence á Colección de Dramaturxia Contemporánea da erregueté.
A obra Lenda escandinava presenta unha versión da historia de Amleth, personaxe nórdico da Idade de Ferro que Shakespeare recolleu no seu popular Hamlet, pero baixo a sensibilidade do autor do Valadouro.
Paxaros no cabo é o primeiro texto de danza vertical galego. Clara Gayo propón unha reflexión sobre as fronteiras entre o “fóra” e o “dentro”, creando unha fermosa alegoría entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa.
Manuel Lourenzo debuxa unha peza breve que condensa a materia tráxica e o regusto dunha obra canónica, o Hamlet de Shakespeare. A historia dun pobo, dunha vinganza, dunha ambición con tráxicos resultados que agora vive no mundo deseñado polo autor do Valadouro e co imaxinario dos exilios forzados, neste caso a Britania para explorar novas rotas e afastar os perigos do trono.
“Precisión e suxestión, palabra e acción, como sempre tivemos na escrita do mestre que elabora escenas coma se fosen un agasallo para o intelecto e para os ouvidos.” (Limiar de Roberto Pascual)
A dramaturga Clara Gayo constrúe este texto pensado para unha posta en escena multidisciplinar, onde a danza vertical e as técnicas circenses conviven coa música e o audiovisual. Un traballo pensado para a coralidade e que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente.
Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.
Peso | 0,150 kg |
---|---|
Dimensións | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-8412472226 |
Tapa branda | 70 páxinas |
Número na colección | 3 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
9,00 €
5,00 €
Reviews
There are no reviews yet.