Non hai produtos na cesta.
Volver Á TendaNon hai produtos na cesta.
Volver Á Tenda9,00 €
Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos inéditos A teteira do Kabul, de Atenea García, a partir do conto homónimo de Carolina Pujadas Torné, e levado á escena pola compañía Xarope Tulú; e E que nunca chorei, de Miguel Ángel González, que obtivo o Premi Born de Teatre no ano 2023, na tradución ao galego de Ana Abad de Larriva.
Texto teatral a partir do conto homónimo de Carolina Pujadas Torné. Unha peza destinada a rapazada de entre 6 a 12 anos que nos presenta a historia de Mina, unha nena afgá que vive coa súa familia tranquila e felizmente ata que a guerra irrompe na súa cotiandade. A casa familiar de Mina sofre afectacións polos bombardeos e a familia vese obrigada a fuxir: primeiro polas rúas de Kabul, logo ao campo para persoas refuxiadas de Jalalabad e, finalmente, emprendendo unha perigosa viaxe en busca dun lugar no que reconstruír e continuar as súas vidas.
Ao longo da peza vanse expoñendo poeticamente os soños, anhelos e frustracións das persoas refuxiadas así como as situacións de desamparo, vulneración de dereitos e dor que a miúdo as acompañan no seu tránsito.
Edición en galego do Premi Born de Teatre do ano 2023, na tradución ao galego de Ana Abad de Larriva.O protagonista desta obra é un antiheroe que leva toda a vida intentando poñerse a camisa dun heroe. Quédalle grande. Quédalle mal. Pero non quere entender a mensaxe. Este home gañou unha vez a Roberto Bolaño nun concurso de contos e cre que iso debe significar algo. Non pode asumir que iso quede na intranscendencia.
| Peso | 0,180 kg |
|---|---|
| Dimensións | 14,8 × 0,5 × 21 cm |
| ISBN | 978-84-124722-8-8 |
| Tapa Branda | 92 páxinas |
| Número na colección | 8 |
| Idioma | Galego |
| Editorial | erregueté |
9,00 €
Copyright © 2025 | erregueté.

Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.
Reviews
There are no reviews yet.