Non hai produtos na cesta.
Volver Á TendaNon hai produtos na cesta.
Volver Á Tenda9,00 €
Edición de peto con dobre portada que inclúe cinco textos de Pedro Fresneda: 105 pasos ou a mecánica da carne, Miniaturas, Arar, Antes de que chegue a besta e Sobre: 14 propostas temáticas por se ti tamén te aburres, traducidos ao galego por Avelina Pérez e Afonso Becerra.
105 pasos ou a mecánica da carne, Miniaturas, Arar, Antes de que chegue a besta e Sobre: 14 propostas temáticas por se ti tamén te aburres.
Os textos de Pedro Fresneda son inseparables das propostas escénicas que os acompañaron, son reflexións, pensamentos, conflitos, instintos, desexos, preguntas, protestas, berros e silencios.
Nacen da observación dos acontecementos e das sociedades contemporáneas que os acompañan e das conversas, da incomprensión e de tentar explicarse para ver se desta forma, poñéndoo fóra, primeiro a través da palabra escrita e despois convertido en acto escénico, se pode nomear.
Estes cinco textos escollidos para a súa tradución ao galego por Avelina Pérez e Afonso Becerra, compoñen un percorrido preciso do colectivo ao que acompañan, arroupan e dan sentido, coma cando ao escalar unha montaña decides unha vía pola que rubir e na súa traxectoria deixas ancoraxes para asegurar certos puntos e non caer, se fose o caso, excesivamente lonxe do último punto asegurado.
Poñer en lingua galega textos escritos baixo a súa paisaxe é máis que unha débeda ou un asunto de xustiza poética, é unha cuestión de saúde, coma se o propio texto pedise un encontro cunha parte importante da súa xénese.
Peso | 0,190 kg |
---|---|
Dimensións | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-129394-0-8 |
Tapa Branda | 112 páxinas |
Número na colección | 10 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
9,00 €
Copyright © 2025 | erregueté.
Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.
Reviews
There are no reviews yet.