9,00 €
Edición de peto con dobre portada que inclúe os textos Hugo e Mosca, de Gustavo del Río, e O can de Lluïsa Cunillé, Premi Born de Teatre 2022.
Cunillé gaña, co texto en catalán El gos, o Premi Born de Teatre 2022, unha obra que presenta un sutil xogo de variacións entre humanidade e animalidade, que nos invita a mirarnos desde a distancia e a reflexionar sobre os valores que nos definen como sociedade.
A obra Hugo conta a historia dun neno con TEA, trastorno do espectro autista, e supón un canto á diversidade na infancia. Outro neno é o protagonista de Mosca, un texto cun fondo compromiso pola loita contra o acoso escolar.
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista. Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. Ser diferentes fainos grandes. Esta obra de Gustavo del Río conta cun gran compoñente social que traballa a diversidade na infancia.
Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo. A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar, pero vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora.
Augurante e intensa, Mosca de Gustavo del Río, mostra a impotencia de non saber o que facer e a falta de información ao non detectar o problema do bullying a tempo.
O can é unha obra que nos fala do fracaso da educación e da cultura, e da perda de ilusións dos mozos ante un mundo totalmente dominado polo poder e o abuso de poder. A autora catalana Lluïsa Cunillé crea unha obra que mostra como nos relacionamos neste mundo, cunha gran brecha entre os valores teóricos e a realidade que vivimos. Considérase un texto que pon en dúbida a verdade cun trasfondo no que se discute a relación entre masculinidade e poder.
Escrita orixinalmente en catalán, e traducida ao galego por Afonso Becerra de Becerreá, destaca a riqueza da linguaxe, o coñecemento e alto nivel técnico dos aspectos da arquitectura teatral, así como mecanismos estruturais como a dosificación, a subtración informativa ou a tensión entre os personaxes. É unha obra que crea un intento de narrativa aristotélica, pero que xoga con esta expectativa, dándolle ao público un papel activo e crítico. El gos de Lluïsa Cunillé recibiu o XLVII Premi Born de Teatre no 2022.
Peso | 0,181 kg |
---|---|
Dimensións | 14,8 × 0,4 × 21 cm |
ISBN | 978-84-124722-4-0 |
Tapa branda | 116 páxinas |
Número na colección | 4 |
Idioma | Galego |
Editorial | erregueté |
Tradución de 'O can' | Afonso Becerra de Becerreá |
10,00 €
Reviews
There are no reviews yet.